mércores, 5 de outubro de 2016

Novas 5/10/2016

Ata novo aviso mantense a prohibición de realizar queimas agrícolas e forestais
http://www.campogalego.com/forestal/ata-novo-aviso-mantense-a-prohibicion-de-realizar-queimas-agricolas-e-forestais/
-------
Este verano ardieron más hectáreas en Galicia que en los últimos dos años
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/10/01/verano-ardieron-hectareas-galicia-ultimos-dos-anos/0003_201610G1P12991.htm
-------
Resolución das axudas para transformación forestal
http://www.campogalego.com/forestal/resolucion-das-axudas-para-transformacion-forestal/
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161004/AnuncioG0426-260916-0002_gl.html
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161004/AnuncioG0426-260916-0001_gl.html
-------
Diez millones en ayudas para un centenar de iniciativas de transformación forestal
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2016/10/diez-millones-en-ayudas-para-un-centenar-de-iniciativas-de-transformacion-forestal-76182.php
------

«Galicia tiene una gran riqueza de monte, que está desaprovechada»
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/cospeito/2016/10/05/galicia-gran-riqueza-monte-desaprovechada/0003_201610L5C7994.htm
-------

El Inega habilita un portal web para fomentar el uso de la biomasa
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2016/09/el-inega-habilita-un-portal-web-para-fomentar-el-uso-de-la-biomasa-75945.php
http://www.observatoriobiomasa.gal/
--------
Poñer en valor o monte como freo ao lume
http://www.campogalego.com/forestal/poner-en-valor-o-monte-como-freo-ao-lume/
-------
EPL - El frio unica arma para erradicar la altica que ataca a los robles de la comarca
https://app.box.com/s/dfin291ar09mm4vyvirkhj84pfav9pxs
------

Hunosa inicia talas en las Cuencas para lograr 80.000 toneladas de madera
http://www.elcomercio.es/asturias/cuencas/201610/02/hunosa-inicia-talas-cuencas-20161002005455-v.html
--------
 EXTRACTO da Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais, e se convocan para o ano 2016.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0426-220916-0003_gl.html
-------
La comarca de Ortegal logra reducir la presencia de velutina en un 60 %
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/manon/2016/10/05/comarca-ortegal-logra-reducir-presencia-velutina-60-/0003_201610F5C7991.htm
-------
Presentada la “GUÍA DEL CASTAÑO, la madera de Asturias”
https://madera-sostenible.com/madera/presentada-la-guia-del-castano-la-madera-asturias/
http://asmadera.com/wp-content/uploads/2014/11/GUIA%20CASTANO.pdf
--------
La fábrica de celulosa de Sniace arrancará su actividad la próxima semana
http://www.lavanguardia.com/vida/20160928/41642897409/la-fabrica-de-celulosa-de-sniace-arrancara-su-actividad-la-proxima-semana.html
-------
Catro xornadas técnicas no Centro de Formación Agroforestal de Lourizán
http://www.campogalego.com/axenda-eventos/catro-xornadas-tecnicas-no-centro-de-formacion-agroforestal-de-lourizan/
--------
Interesante programa de  Labranza

- Evolución da máquina forestal, demostración en Pol

- Comezo da vendima. Tempo de traballo previo das adegas. I encontro enolóxico

- Proxecto de investigación no que participa Ence. O aproveitamento da lignina


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/labranza-53
-------




Estudiantes de Forestales asesorarán a los comuneros
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/cerdedo/2016/09/29/estudiantes-forestales-asesoraran-comuneros/0003_201609D29C59928.htm
-------
Biomasa Forestal: desde Galicia con calor
http://www.energias-renovables.com/articulo/biomasa-forestal-desde-galicia-con-calor-20160929
-------
La madera gris marcará tendencia en 2017
https://madera-sostenible.com/madera/la-madera-gris-marcara-tendencia-2017/
-------
La Xunta destina 7 millones a paliar los daños de los incendios
http://www.economiadigital.es/gles/notices/2016/09/la-xunta-destina-7-millones-a-paliar-los-danos-de-los-incendios-76105.php
-------

Una jornada de expertos analizará en Pontevedra "O monte do século XXI"
http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-532735-una-jornada-expertos-analizara-pontevedra-o-monte-do-seculo-xxi.html
------
Adxuntamos novas que nos achegan da Asociación Forestal de Galicia. (Na utilización destes datos prégase mencionar a fonte de información AFG)


Montes pequenos para a produción de noces
As plantacións de nogueira para madeira comezan a dar os seus froitos

Co outono chegan as colleitas nos nosos montes, as castañas e os cogomelos son os aproveitamentos por excelencia desta época, pero a algúns silvicultores que hai uns anos optaron pola plantación de nogueira do país (Juglans regia) para producir madeira, atópanse de repente cun aproveitamento de calidade en cantidade que axuda a rendibilizar os investimentos feitos nas repoboacións.
José Luis ten unha plantación de media hectárea de 19 anos que  produciu en 2015 aproximadamente 700 kg de noces (pesadas en seco). O pasado ano houbo unha colleita excepcional, pero habitualmente ven colleitando uns 500 kg.
Non era a súa idea inicial a produción de froito, senón a de madeira, pero atopouse cunha riqueza no seu monte á que era difícil buscarlle saída. Finalmente optou pola venda a particulares do seu contorno acadando prezos de 3 euros kg.

A política forestal para os vindeiros catro anos
A Xunta de Goberno da AFG traballa na elaboración dun documento de medidas
A Xunta de Goberno da AFG está traballando nun documento onde se propoñen as medidas estratéxicas en política forestal para os vindeiros catro anos. O obxectivo é presentarllo ao presidente da Xunta de Galicia, así como aos diferentes grupos parlamentarios, para que coñezan de primeira man cales son as prioridades dos silvicultores galegos para a xestión dos 2 millóns de hectáreas de monte da Comunidade.
No vindeiro número de Novas, enviaremos o documento.

Mercado da madeira en Galicia
Estabilidade no prezo do eucalipto para pasta de papel

Despois da baixada no primeiro semestre de 2016 en 2 €/t o prezo da madeira de eucalipto para pasta, tanto de E. globulus como de E. nitens, mantense estable e non se esperan grandes flutuacións.
A novidade máis salientable é a incidencia dos incendios forestais dos meses de agosto e setembro, que provoca un repentino aumento de madeira de piñeiro no mercado. A madeira queimada cotízase a uns prezos de ata 8-10 €/t menos que se fose comercializada en verde e sen a situación de exceso de oferta que se está dando neste momento.
Segue existindo unha gran diferencia entre o Norte e o Sur. O piñeiro cómprase a uns 25-30 €/t de media nos lotes na metade norte da Comunidade e prezos medios dos lotes entre 28 e 36 €/t no sur de Pontevedra. Entre eses dous rangos móvese practicamente a totalidade dos lotes de fustal en corta de piñeiro verde en Galicia.
Na zona demarcada de corentena fitosanitaria polo nematodo no sur de Pontevedra a Consellería do Medio Rural cambiou de criterio e está permitindo a realización de cortas durante todo o ano, iso si, mantendo as limitación no que respecta ao control do destino da madeira e ás esixencias de tratamento de restos de corta. Derivado deste cambio, estase observando un aumento de lotes comercializados por parte dos propietarios forestais, fundamentalmente polas comunidades de montes en man común.
No que respecta á madeira certificada de piñeiro a vantaxe económica reflíctese basicamente en 1-2 €/t en madeira de puntal e apenas se observa diferencia na madeira de serra. No caso do eucalipto véñense pagando uns 3 €/t pola madeira para pasta proveniente de montes cunha soa certificación e uns 4 €/t naqueles montes coas dúas certificacións (PEFC e FSC), o que se coñece por “certificación dual”.

Produción de pasta de papel na península ibérica 

Segundo un estudo realizado por Generandi (consultora que traballa no ámbito forestal), a produción de pasta na península ibérica acada actualmente un valor de máis de 3,7 M t/ano. Os actores principais da industria son “The Navigator Company” (ex Grupo Portucel-Soporcel), Altri e Europac en Portugal, e ENCE, Grupo Torras e Zicuñaga (Iberpapel) en España.
O consumo de madeira para pasta, medrou en 1 millón de toneladas no período 2016-2015 no mercado portugués, mentras o mercado español viuse afectado polo peche de dúas fábricas: SNIACE e a fábrica de Huelva de ENCE e, consecuentemente, o consumo de madeira para pasta reduciuse nun 25% desde 2013.
Na actualidade, a fábrica de pasta de papel e viscosa de SNIACE, situada en Torrelavega (Cantabria), comezou a recibir de novo os primeiros camións con madeira a principios de setembro. Antes do peche, en 2012, SNIACE consumía aproximadamente 190.000 m3sc/ano de eucalipto, cifra que representa arredor do 4% do consumo total de España.
  Prezos orientativos da Madeira Galega (Fonte AFG)

http://www.asociacionforestal.org/datos/boletin/14/Prezos_madeira_setembro_2016.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario