mércores, 25 de outubro de 2017

Novas 25/10/2017


Que cambia no sector forestal e eólico coa Lei de Iniciativas Empresariais?
http://www.campogalego.com/forestal/cambios-no-sector-forestal-e-eolico-coa-lei-de-iniciativas-empresariais/

"
Simplificación das autorizacións para aproveitamentos forestais

A simplificación do proceso de autorización das cortas no monte é un dos puntos considerados máis positivos polo sector agrario e forestal, que viña reclamando desde hai tempo a redución da burocracia. Distinta é a valoración das organizacións ecoloxistas e do Sindicato Labrego, que consideran preciso un maior control das cortas por Medio Ambiente en espazos protexidos, así como das cortas de frondosas caducifolias en masas mixtas.

A nova Lei entra en vigor desde mañá xoves, pero no referente ós aproveitamentos madeireiros, a entrada en vigor retrásase ó 26 de abril. Os principais cambios son os seguintes:

Montes ordenados

– En montes con instrumento de ordenación, non será precisa a solicitude de autorización para a realización de aproveitamentos, sempre e cando as cortas se fagan de acordo co sinalado no instrumento de ordenación. Chegará con que haxa unha declaración responsable ante a Administración, previa á execución dos aproveitamentos.

– Cando os aproveitamentos en montes ordenados non figuren no correspondente instrumento de xestión, será suficiente con facer unha declaración responsable dos mesmos, sempre que eses aproveitamentos non afecten a masas puras de frondosas caducifolias ou piñeiros silvestres. En determinadas masas mixtas de frondosas caducifolias e outras especies (coníferas, eucaliptos), podería ser suficiente cunha declaración responsable, de acordo co que estipule unha futura orde da Consellería do Medio Rural.

Montes sen ordenar

– En montes sen instrumento de ordenación, o propietario deberá presentar unha declaración responsable dos aproveitamentos previstos ante a Administración, salvo nos seguintes casos, que precisarán dunha autorización: se o monte está afectado pola lexislación de dominio público, se ten especies frondosas caducifolias ou piñeiro silvestre, se está nunha superficie afectada por algún réxime de protección ou se se vai cortar madeira queimada.

En canto ás zonas de dominio público, a Lei estipula explicitamente que as cortas en zonas de servidume do dominio público hidráulico non precisarán de autorización.

Autorizacións
– Para os casos que precisen dunha autorización, será necesaria só unha solicitude única ante a Consellería do Medio Rural, que lle pedirá ós correspondentes informes ás administracións implicadas. A resolución da autorización farase no prazo máximo de 2 meses. Transcorrido ese prazo sen resposta, entenderase como concedida por silencio administrativo.

En calquera caso, se no proceso de autorización algún organismo emitira un informe, ese informe quedará ligado á aprobación por silencio administrativo, de xeito que o titular do aproveitamento deberá telo en conta desde que sexa coñecedor del.

– Non precisarán de declaración responsable (nin de autorización) os aproveitamentos domésticos, as cortas que se fagan no marco da Lei de Prevención de Incendios, para manter as distancias entre arborado e núcleos de poboación, nin as cortas de policía ou motivadas por rareos e tratamentos silvícolas.

– As declaracións responsables poderaas trasladar o propietario ou calquera outra persoa autorizada. Poderanse presentar declaracións responsables compartidas dun conxunto de propietarios, a fin de axilizar os trámites. A presentación das declaracións responsables regularase por orde da Consellería do Medio Rural.

– No portal web adicado á xestión das autorizacións de corta e das declaracións responsables, a Administración publicará un mapa con información xeolocalizada dos montes afectados por normativas de protección ou de dominio público. Tamén se xeolocalizarán, no prazo máximo dun ano, tódolos xacementos arqueolóxicos catalogados.""

--------
Galicia se plantea utilizar parados para limpiar bosques en la lucha contra incendios
https://www.elconfidencialdigital.com/vivir/Galicia-utilizar-parados-bosques-incendios_0_3023097679.html
-------
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de outubro de 2017 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Galega da Industria Forestal.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171023/AnuncioG0424-181017-0003_gl.html
-------
Xove destina 50.000 euros al año a limpiar y cuidar montes
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/10/23/xove-destina-50000-euros-ano-limpiar-cuidar-montes/0003_201710X23C4994.htm
-------
La ola de incendios reabre el debate sobre el eucalipto y la celulosa a la que Rajoy dio una prórroga de 60 años
https://www.elplural.com/politica/2017/10/22/la-ola-de-incendios-reabre-el-debate-sobre-el-eucalipto-y-la-celulosa-la-que
------
La Xunta hará modificaciones en la ordenación de los montes
http://www.laregion.es/articulo/ourense/xunta-hara-modificaciones-ordenacion-montes/20171022080933743319.html
------
La lucha contra el fuego y la gestión del espacio forestal, a debate el viernes
http://www.lne.es/oviedo/2017/10/23/lucha-fuego-gestion-espacio-forestal/2181795.html
------
«O monte ten que arder»
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2017/10/23/monte-ten-arder/0003_201710G23P16995.htm
------

Exprimir el monte en Friol
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/771976/exprimir-el-monte-en-friol
------

Primeiras accións para evitar a erosión do monte tras os lumes
http://www.campogalego.com/forestal/primeiras-accions-para-evitar-erosion-monte-tras-os-lumes/
------

Ence: Subida de precio de la celulosa (valoración)
http://www.bolsamania.com/capitalbolsa/noticias/empresas/ence-subida-de-precio-de-la-celulosa-valoracion--2928015.html
-------
El sector energético critica con dureza las subastas de potencia renovable del Gobierno
http://www.abc.es/economia/abci-sector-energetico-critica-dureza-subastas-potencia-renovable-gobierno-201710231922_noticia.html
------
El sector forestal no es el causante de los incendios
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/10/24/sector-forestal-causante-incendios/0003_201710G24P10993.htm
-----
El sector forestal urge a retirar la madera quemada para evitar la caída de precios
http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2017/10/24/sector-forestal-urge-retirar-madera/1228972.html
-----
La ola incendiaria afectó a superficie arbolada de 137 concellos gallegos
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/10/24/ola-incendiaria-afecto-superficie-arbolada-137-concellos-gallegos/0003_201710G24P8991.htm
-------
Los propietarios forestales urgen a recuperar los montes
http://www.lne.es/asturias/2017/10/24/propietarios-forestales-urgen-recuperar-montes/2182230.html
------
El monte, la asignatura pendiente de todos los gobiernos de Galicia y de todos los gallegos
http://www.laregion.es/articulo/euro/monte-asignatura-pendiente-todos-gobiernos-galicia-todos-gallegos/20171023135202743613.html
-------
Eucalipto, el eterno señalado
http://www.abc.es/espana/galicia/abci-eucalipto-eterno-senalado-201710230938_noticia.html
-----
¿Por qué arde Galicia?
http://www.eldiario.es/galicia/arde-Galicia_0_699930406.html
-------
Grupo forestal UPM ganó 730 millones de euros hasta septiembre, un 5,3 % más
http://www.finanzas.com/noticias/economia/20171024/grupo-forestal-gano-millones-3709826.html
-------
LEI 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171025/AnuncioC3B0-201017-0001_gl.html
------
RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017 pola que se publica a modificación do plan de estudos de graduado en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171025/AnuncioG2018-181017-0011_gl.html
------
La Xunta "sopesará" cambios en el futuro Plan Forestal tras la ola de incendios en Galicia
http://www.farodevigo.es/galicia/2017/10/25/xunta-sopesara-cambios-futuro-plan/1773281.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario